Román García

Espectáculos

Laberinto de Ilusiones
Nanomagias
Sin Trampa ni Cartón
Gala Robert Houdin
Espectaculos
Labirinto de Ilusións

Labirinto de Ilusións

Labirinto de ilusións é un espectáculo de maxia que te atrapará de principio a fin.

Neste labirinto, a maxia está acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participa permanentemente o público. Así, poderemos ver por primeira vez a Rufo, un mapache amaestrado capaz de lanzar lume pola boca e localizar a carta dun espectador. Celebraremos un xuízo popular para descubrir ó asasino de Lord Byron, mostraremos a precisión dun detector de mentiras de última xeneración e viaxaremos no tempo.

Tamén estará presente a fascinante maxia de preto, que o público poderá seguir a través dunha proxección en directo.

O noso protagonista estará acompañado pola música e por dez axudantes, os seus dez dedos, que son como dez duendes máxicos que nos contarán historias imposibles de aparicións, transformacións e levitacións...

Cando todo remate ninguén quererá saír deste labirinto de ilusións

Nanomagias

Nanomaxias

"Nanomaxias" é un espectáculo de maxia de preto absolutamente sorprendente. Un espectáculo con cousas pequenas e emocións fortes, maxia a un palmo dos teus ollos ou mesmo nas túas propias mans.

En "Nanomaxias" poderás asombrarte e divertirte coas historias máxicas e surrealistas do Mundial de Fútbol, os caníbales do Amazonas ou a viaxe á Lúa do capitán Fernández, entre outras.

Cartas que cambian de cor, buratos viaxeiros, moedas que desaparecen e reaparecen en mans do espectador ou billetes que multiplican o seu valor son só algúns das pequenas milagres que poderás ver en "Nanomaxias"

Un espectáculo para públicos reducidos (10-50 espectadores), que tamén se adapta a grandes teatros por medio da tecnoloxía que aportan as proxeccións en grandes pantallas.

Sin Trampa ni Cartón

Sin Trampa ni Cartón

Sin trampa ni cartón é un espectáculo de maxia escrito, dirixido e protagonizado por Luis Piedrahita, Román García e Kiko Pastur. Un show moderno, sen varitas nin chisteras. Maxia do século XXI.

Estes coruñeses son tres dos magos máis reputados do país. Kiko ganou recentemente o terceiro premio mundial de cartomaxia, Román ostenta, entre outros, o primeiro premio nacional de micromaxia e Luis foi director, guionista e colaborador do programa televisivo Nada x aquí, do que Kiko e Román tamén foron pezas esenciais.

En poucas palabras: Sin trampa ni cartón é o típico espectáculo máis impresionante que xamais viches na túa vida. Un espectáculo de maxia, onde todo o que vexas... non se volverá repetir.

Gala Houdin

Gala Robert Houdin

A Gala Robert Houdin é un espectáculo de gran formato dirixido e presentado por Román García e Kiko Pastur e coa participación dos mellores magos do mundo.

Nesta Gala con formato de festival poderanse ver os números de maxia máis espectaculares do panorama internacional. Un show con grandes ilusións, números de manipulación, maxia cómica e de participación.

Esta gala presentouse por primeira vez ante máis de 2.500 persoas na Praza de María Pita como peche dos espectáculos das festas de A Coruña e contou coa participación de Kiko Pastur, Román García, Pedro Volta e os holandeses Magic Unlimited.

Jean Eugene Robert-Houdin (1805 -1871) foi un ilusionista francés que está considerado como o "pai da maxia moderna". Esta Gala é tamén unha homenaxe a esta figura do ilusionismo.