Román García

Traxectoria

Román García (A Coruna, 1977) é un coñecido, premiado e innovador ilusionista galego.

Dende moi novo sentiuse atraído pola arte da maxia. Os seus comezos producíronse na Sociedade Coruñesa de Ilusionismo, á que acudía co seu irmán Kiko e o seu amigo Luis Piedrahita e onde aprendeu de grandes mestres como Lorc e Pablo, que lle revelaron os segredos da maxia.

Pronto a súa paixón convertiuse en profesión e en 1996 obtivo o Primeiro Premio Nacional de Maxia de preto en Vitoria. Dende entón, son habituais as súas intervencións televisivas en cadeas públicas e privadas (TVE1, TVE2, TVG, Antena 3, Cuatro, Localia...), así como en diversos programas radiofónicos.

É membro da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo e da Asociación de Magos Profesionais de Galicia. As súas creacións máxicas foron presentadas e premiadas en numerosos congresos nacionais e internacionais de ilusionismo, o que lle valeu o reconecemento de magos de todo o mundo.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Román une no seu espectáculo arte e ciencia, comedia e drama, imaxinación e realidade...

Miles de espectadores, cautivados polo estilo fresco e desenfadado deste xoven ilusionista, puideron disfrutar do seu espectáculo en todo tipo de eventos públicos e privados.


Trayectoria